Archive for the ‘Uncategorized’ Category

III Concurso de microtextos “Terras do Umia”

Para participares preme na seguinte ligazón

http://cotovia.org/micro/concursomicro.php

Entroido 2011

No Umia… enterramos a sardiña pero antes… fóra máscaras! Ideas para celebrar o entroido hai moitas, aquí atoparedes material abondo.

A semana das Curtas

Cinema e chateo…

Os equipos de Terras do Umia participamos nesta actividade na que miles de alumnos/as de toda Galicia quedan para iren xuntos ao cinema (quedada virtual, e logo chateo… ). Despois de asistiren ás representacións, o alumnado terá ocasión de participar nun foro no que poderán opinar sobre os traballos vistos.